Vistas de página en total

domingo, 9 de octubre de 2011

Crónica do Campionato Galego 10 Km en Ruta 2011

Hassan Lekhili e Solange A. Pereira vencen en Coruña10: Gustavo Platas e Patricia M. Pereira Campions Galegos 10 Km.
Nunha boa matinal para o atletismo celebrouse o Cto.Galego de 10 Km. en Ruta, conxuntamente coa 5ª carreira Coruña10, soamente soprou un lixeiro vento que perxudicou levemente as marcas alcanzadas polos participantes. Eran 453 os inscritos federados por 1.922 os non federados, do total foron controlados en meta un total de 1.970 entre ambos os sexos, 1.778 homes e 202 mulleres, fóra de control aínda entraron algúns máis. Quere dicir iso que sesuperó con fartura o listón da 4ª edición desta carreira urbana. Deuse a saída puntualmente, e dende os primeiros compases o marroquí Hassan Lekhili impuxo a súa lei, o seu ritmo fixo que segundo avanzaba a carreira a distancia cos seus seguidores fose aumentando, Foi case ata o último 500 AkkaEssaadaoui, que mantiña unha vantaxe sustancial polo grupo perseguidor formado por Gustavo Platas, Elias S. Domínguez, Carlos Villamor, Daniel Bargiela, Robertas Geralavicius e algo máis atrás Gustavo Nieves.O último kilometro foi decisivo para dilucidar o segundo e terceiro posto da carreira, o que supuña o Cto Galego, Gustavo tiraba e Carlos tamén excedéndoo, cando este xa sobrepasara ó ata eses últimos metros segundo Akka, que tamén se vería excedido por Elias Domínguez, posiblemente pagando o marroquí as consecuencias da carreira do día anterior en Marín. Platas ainda non dixera a última palabra, polo cal nun ultimísimo esforzo impúxose a Villamor na mesma liña de meta. Cuarto da carreira e completando o podio do Cto. Elias Salvador Domínguez, que e a súa vez era o campión galego veterano, Akka foi quinto, sexto Daniel Bargiela, (tamén gañador do seu categoría M35) sétimo o lituano Robertas Geralavicius , oitavo Gustavo Nieves, noveno Juan Pena Holguín, e décimo Marcos Antonio Seijo, a súa vez campeón da súa categoría de veterano M40. Polo que se refire ás mulleres, a portuguesa do Comesaña Patricia Mendes Pereira, saíu decidida a ser a vencedora, seguíalle a pouca distancia Solange Andreia Pereira, a cal pasado o ecuador da proba púñase á súa altura, para no tramo final imporse con claridade meridiana, a Patricia, esta terminaba de segunda e vencedora do Cto. ao ser Solange atleta con licenza por Fuerteventura. En terceira posición entraba a atleta de Teo María Yolanda Gutiérrez, sendo cuarta Raquel Suárez, que completaba o podio absoluto desta Cto. Galego. De quinta e campioa promesa entraba a viguesa Esther Navarrete, por diante da campeona veterana Soledad Castro, sendo sétima a campioa júnior, LeticiaFernández, oitava outra veterana, vencedora da súa categoría, EstherPedrosa, novena Sara Pérez e completando a decena Cristina Estévez, tamén vencedora na súa categoría veterana W35. No posto 22º entraba como campión promesa Pablo Noche, quese impuña por tan só seis segundos a Santiago García, o tercer promesa foi Manuel Martínez, que entrou no posto 27º. Para localizar ao campión júnior ímonos ao posto 33º de Álvaro Gamundi, este podio foi completado por Martín Taín no posto 50º e Abdelaziz Fatih no posto 59º. Por parte feminina Andrea Montero foi segunda promesa galega e Silvia Veira a 3ª. A destacar a actuación dos catro participantes membros do Clube VICLAUMAIA, Manuel Miyares en 40´58´´ (4´06´´/Km), Pablo González en 43´55´´ (4´24´´/Km), Carlos Vicente en 44´33¨ (4´28´´/Km) e Matías Núñez en 47´36´´ (4´46´´/Km)
 Crónica: Joaquín Pérez

No hay comentarios:

Publicar un comentario