Vistas de página en total

domingo, 4 de septiembre de 2011

XV Carreira Pedestre Concello de Porto do Son

XV Carreira Pedestre Concello de Porto do Son

Data: sábado, 10 de setembro de 2011.
Hora: ás 11:00 h.
Lugar: Porto do Son.
Distancia: de 300 a 6.000 m aproximadamente.
Organiza: Concello de Porto do Son.
Inscrición: Ata o mesmo día da proba. Ver punto 5 do regulamento.





... Participa no foro de carreiras populares


XV Carreira Pedestre Concello de Porto do Son
O Concello de Porto do Son organiza a súa XV Carreira Pedestre na localidade de Porto do Son (AC-550 Noia - Ribeira) o Sábado 10 setembro de 2011 de acordo co seguinte:

REGULAMENTO
1.Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PREBENXAMÍN: Atletas nados no ano 2005 e posteriores
BENXAMÍN: Atletas nados nos anos 2004 e 2003
ALEVÍN: Atletas nados nos anos 2002 e 2002
INFANTIL: Atletas nados nos anos 2000 e 1999
CADETE: Atletas nados nos anos 1998 e 1997
XUVENIL-JUNIOR: Atletas nados nos anos 1996 / 1995 / 199 / 1993
PROMESA-SENIOR: Atletas nados entre os anos 1992 e 1977
VETERÁNS A: Atletas nados entre os anos 1976 e 1966
VETERÁNS B: Atletas nados entre en 1965 e anteriores

* As categorías XUVENIL-XUNIOR e PROMESA-SENIOR computarán como unha soa categoría na clasificación xeral e na entrega de premios.

3. DISTANCIAS E HORARIOS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
11:00 PREBENXAMÍN MIXTO 300 m
11:15 BENXAMÍN – ALEVÍN -INFANTIL 600 m
11:30 RESTANTES CATEGORIAS 6000 m
12:30 ENTREGA DE PREMIOS

4. PREMIOS E TROFEOS
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas, agás os atletas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, que percibirán medalla e camiseta.

5. INSCRIPCIÓNS
As inscripcións poderanse remitir ó correo electrónico deportesdoson@gmail.com, facendo constar os seguintes datos: Nome e Apelidos, data de nacemento, clube e nº de licencia federativa (se a ten). Tamén poderase realizar a inscrición o mesmo día ata 30 minutos antes (TEMPO LÍMITE) do inicio de cada carreira. Teléfono de información 981 867412.

PRÉGASE REALIZAR A INSCRICIÓN PREVIA A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO.

6.Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no polideportivo municipal de Porto do Son.

7.As reclamacións os resultados oficiais deberán formularse verbalmente aos responsables da organización non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

8.Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.
 
Paco e as súas nenas serán da partida. Pola tarde Paco e María teñen a Andaina de Rois na categoría Parellas.
Milla ten un compromiso persoal adquirido con anterioridade e non poderá participar.
Boa carreira para puntuar para o Circuito e para que corran tódol@s nen@s presentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario