Vistas de página en total

domingo, 4 de septiembre de 2011

IX Andaina de Riveira

Onte, sábado 03/09 voltamos participar por segundo ano consecutivo Paco e máis eu, nos 50 Km da IX Andaina de Riveira.

Este ano levounos 9 horas xustas, 23 minutos menos que o ano pasado. Dende as 9:00 h ata as 18:00 h.
O ano pasado quedábamonos nos avituallamientos (6) ata que se acababa a empanada. Este ano, por consello de Paco, collíamos fruta, un bocadillo, un trozo de empanada, hidratábamonos e continuabamos.

Fixo moi bó día para andar polo monte.

Algúns dos fermosos lugares polos que pasamos foron:

-Parque Periurbano de San Roque
-Lagoa de Vixán
-Parque Natural
-Lagoa do Carregal
-Monte Tahume
-Dolmen de Axeitos
-Miradoiro Valle-Inclán
-Praia de Coroso

Muscularmente non estamos mal de todo, o que sí temos son 3 e 4 bochas nos pés cada ún.

No hay comentarios:

Publicar un comentario