Por 2º ano consecutivo, apresentaremos dous equipos para participar no Circuito Correr en Galicia.
Adxúntase o correo envíado esta mañán á Organización.
Fixemos unha pequena modificación respecto á temporada pasada, o equipo VICLAUMAIA SON pasa a denominarse VICLAUMAIA SON INTERNATIONAL. O equipo VICLAUMAIA GALICIA participará co mesmo nome. En ámbolos dous casos, as formacións son as mesmas do ano pasado.
Os obxectivos desta temporada serán mellorar os postos e os puntos acadados na temporada pasada:
Categoría 2º División
VICLAUMAIA SON Posto 26 Puntos 3147,77
VICLAUMAIA GALICA Posto 27 Puntos 3063,67
Bos días.
Antes de nada, agradecer que un ano máis organicedes o Circuito Correr en Galicia, ferramente que os corredores populares utilizamos como xeito de motivación para adestrar entre semana e ver reflectidos os seus resultados nas probas das fins de semana en toda a xeografía galega ( e este ano como novidade, 3 probas fora de Galicia).
Gustaríanos repetir inscrcición para o Circuito 2011-2012 os siguientes nicks:
Milla
Nachete
Olveira
Cholete
Romu
Dani
Sergio
Lobo
Pglez73
Mati
Así mesmo queremos repetir a Inscrición como Equipos, cunha pequena modificación:
O equipo VICLAUMAIA SON, repite formación, pero pasa a denominarse VICLAUMAIA SON INTERNATIONAL
O equipo VICLAUMAIA GALICIA, repite formación e denominación.
Moitas gracias.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario